Galician ---------------------- O idioma predefinido de Moodle é o inglés, e ese paquete de idioma é definido como "master" frente outros paquetes. Se unha cadea de palabras noutro idioma non existe por calquera motivo utilizarase a versión en inglés. Cada modulo de actividade instalada en moodle/mod debería ter un ficheiro aquí, así como o ficheiro principal chamado "moodle.php". O directorio "help" contén todas as páxinas escritas en HTML, e o directorio "docs" contén outros documentos variados. Se pensa que pode axudar a traducir Moodle para outra lingua, contacte co Martin Dougiamas!